En el nuevo barrio de Vigo, PAU Navia, se encuentra la ESAD.
A sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia foi construída coa inestimable colaboración e co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
A sede está situada en Navia, moi cerca do casco histórico desta parroquia de Vigo. Este edificio é o primeiro dunha serie de tres que van conformar a sede definitiva da institución, e que a vai converter nun centro de referencia en todo o Estado a partir de 2012 ano en que está prevista a finalización de todo o complexo. Nesta primeira fase a ESAD conta, entre outras instalacións, cos seguintes espazos:
- Auditorio con 125 butacas, camerinos e almacén.
- Teatro ao aire libre.
- 14 aulas prácticas para interpretación, dirección de escena, expresión corporal, danza, música ou expresión oral, con equipamento de son e iluminación.
- Aulas de escenografía, caracterización e indumentaria.
- Aula de deseño por ordenador, aula de debuxo artístico.
- Aulas teóricas e de seminarios.
- Biblioteca e sala de estudo.
- Cafetería e comedor.
- Vestiarios para alumnado e profesorado.
- Salas de xuntas.
- Salas para profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos.
- Salas para departamentos e servizos.
- Servizos administrativos e de xestión.
- Zoas verdes.
De la web de la ESAD
No hay comentarios:
Publicar un comentario